Currículo

Son diplomado en Fisioterapia pola Universidade da Coruña, promoción do 2000. Continuei estudos na Universidade de Santiago de Compostela cursando un Máster en Xerontoloxía durante dous anos, combinandoo xa co meu traballo como fisioterapeuta en hospital e mutuas de accidentes laborais. Asimesmo fixen un curso de posgrao na Universidade de Castela-A Mancha afondando sobre a Síndrome de dor miofascial.

Comecei a interesarme cada vez máis pola arte manual do tratamento dos doentes, vendo que a aparataxe eléctrica non me convencía nos meus tratamentos por distintos motivos. Esta orientación manual levoume a adentrarme nos estudos de Osteopatía da Escola do Concepto Osteopático (E.C.O.) dirixida polo osteópata francés Roland Lorilleaux. Esta formación levoume 6 anos a Madrid dos que gardo un gran recordo, e comecei a ver o corpo humano dun xeito un tanto diferente.

Hoxe en día continuo con formación especializada en Osteopatía para contar con máis armas á hora de tratar aos doentes. Así pois, cursei un posgrao en Barcelona con Barrie Savory, DO un dos máis prestixiosos osteópatas do Reino Unido, con 45 anos de experiencia; e outro posgrao adicado á postura do ser humano da man do Dr. Jean-François Favre.

Seguindo a miña búsqueda do perfeccionamento no tratamento manual, cursei un posgrao en Specific Adjustment Technique da man de Gez Lamb, discípulo dun dos osteópatas máis grandes da historia desta moderna mediciña en Europa: Tom Dummer. Asimesmo fixemos un repaso das funcións e anatomía do oído, ollo e nariz do bebé ao adulto con Michel Renier, DO, un dos fundadores do Colexio de Osteopatía Belga.

En Novembro do 2012 tivemos a oportunidade de organizar e cursar un Posgrao adicado á postura do ser humano e a súa relación coa vista, os dentes e os apoios do pé, da man do director da Escola de Osteopatía francesa C.E.T.O.H.M., o posturólogo e osteópata Patrick Guillaume, DO.
Esta achega confirmouse de gran axuda dentro do campo clínico para aquelas patoloxías que cursen con dores inespecíficos do corpo, mareos, dores de pubis, de espalda, etc.

Na primavera do 2013 cursamos un posgrao específico de Osteopatía nos bebés, ca experimentada osteópata francesa Nicette Sergueef. Ela amosounos as vantaxes do tratamento osteopático neste eido, sen efectos secundarios e de gran axuda para cólicos, problemas craneais, disfuncións dixestivas e problemas respiratorios.

No ano 2014 fixemos unha achega á Posturoloxía cunha perspectiva clínica, observando a influencia da visión, da pisada e do aparato estomatognático na postura do ser humano. Da man do prestixioso posturólogo e osteópata francés Phillipe Villeneuve (presidente da Asociación de Posturoloxía Internacional; API) continuaremos a profundizar neste tema nos vindeiros meses.

Asimesmo observamos de novo unha achega á curación dos tecidos a través do traballo de Pierre Tricot, DO; que nos leva á esencia máis pura da materia osteopática.

 

 

Osteopatía | Fisioterapia | Localización | Currículo | Contacto

Ver esta página en Castellano