Osteopatía

¿Que é a osteopatía?

É unha ciencia e unha filosofía de tratamento basada na visión holística do corpo humano, é dicir, na unidade dos distintos sistemas e aparatos e non como un conxunto de músculos, órganos, nervios...sen máis, o seu tratamento manual e a capacidade do propio corpo de autocuración.

O seu fundador foi o norteamericano Andrew Taylor Still (1828 – 1917) e que mellor que citalo a propósito de dar resposta á pregunta formulada: "é a ciencia que consiste no coñecemento exacto, exhaustivo e verificable da estructura e función do mecanismo humano, anatómico, fisiolóxico e psicolóxico, incluindo a química e a física dos elementos coñecidos, (como se fixeron detectables certas leis orgánicas e os recursos de recuperación), dentro do propio corpo, polo cuxa natureza baixo o tratamento científico peculiar da práctica osteopática, fóra de tódolos métodos ordinarios de estímulo extraño, artificial ou medicinal, e de acordo armonioso cos seus propios principios mecánicos, actividades moleculares e procesos metabólicos, pode recuperar de desplazamentos, desorganizacións, trastornos e as enfermedades conseguintes e recuperar o seu equilibrio normal de forma e función en saúde e forza".

Responde á necesidade básica do corpo humano de establecer:
1) Unha adecuada nutrición celular: asegurar o fluxo sanguíneo e linfático.
2) Unha adecuada relación entre a estrutura e a función para a que está deseñada.
3) A capacidade do propio corpo de autoregularse e, por tanto, autocurarse.

O osteópata traballará coas súas mans nos distintos tecidos do corpo humano para encontrar a disfunción, tratala e logo darlle tempo ao corpo de autoregularse na búsqueda dunha nova "programación" que funcione mellor que a que o levou á consulta do profesional.

//www.orlandocondeosteopatia.es/oc/wp-content/uploads/2016/12/IMG_3054.jpg

¿En que problemas pode axudar?

En todos aqueles casos nos que non se atopa lesión real do tecido (roturas, fracturas, tumores, etc) senón disfunción, é dicir, as cousas non traballan como poderían chegar a facelo nun bo estado de saúde. Poden comprender:

Aparato musculoesquelético: torceduras (esguinces), contracturas, espasmos musculares, tendinite/tendinosis, pinzamentos, lumbalxias, cervicalxias,  hernias non extruídas, artrose, periostite, osteoporose, artrite, sinovite, capsulite...

Sistema dixestivo: hernias de hiato, hinchazón abdominal, discinesia da vesícula biliar, certas gastrites, colon irritable, certos estrinximentos, flato, refluxo gastroesofáxico, ptose visceral, síndrome do intestino permeable...

Sistema nervioso: neurite, ciáticas, neuralxia do trixémino, parálise facial, certas paresias/parálises, síndrome do túnel do carpo, formigueos, hiperalxesia, ansiedade, stress, depresión...

Sistema uroxinecolóxico/androlóxico: dismenorrea, amenorrea, dispareunia, síndrome premenstrual, cistite, prolapso vaxinal/vesical en estadíos iniciais, incontinencia urinaria, hiperplasia benigna de próstata, prostatite, certas salpinxites, vesiculite, fibromas/miomas uterinos...

Tratamento do nen@/bebé: cólicos do lactante, certas plaxiocefalias, disfuncións dixestivas, tortícolis conxénita, refluxo gastroesofáxico...

Sistema respiratorio: sinusite, rinite, certos tipos de asma, bronquite, pneumotórax, pleurite, larinxite...

Outros: cefaleas, migrañas, alteracións da postura ligadas a disfuncións oculares,

¿Como se trata en osteopatía?

A través do exame postural da estática e da marcha o osteópata establece o fío conductor do problema. Usando as súas mans somete ao corpo a certos tests para obter unha resposta que o encamiñe cara o tecido en disfunción.
O tratamento é eminentemente manual, aínda que algúns osteópatas se sirvan excepcionalmente de ganchos metálicos, ventosas ou outros obxectos que axuden na terapia aplicada.